West Coast Swing

É un estilo de baile en liña que se caracteriza pola elasticidade dos movementos, onde a improvisación xoga un papel moi importante. É dos máis inclusivos: as parellas están formadas por leader e follower. Cada un destes roles é desenvolvido por persoas de calquera sexo, idade, fisionomía e nivel. Báilase con música pop, rock, blues, funk, etc.

WCSGalicia

West Coast Swing Galicia é unha asociación deportiva e cultural sen ánimo de lucro, inscrita oficialmente en marzo de 2023 pero traballando activamente desde o ano 2019, dinamizando eventos, cursos e quedadas para fomentar este estilo de baile. O evento principal é Arousa Westie Fest cuxa próxima edición está inscrita no organismo internacional WSDC como Trial edition.

Acción!

WCSGalicia ten o epicentro en Vilagarcía de Arousa e as súas actividades abranguen toda Galicia, atraen persoas do resto de Europa e promove saídas ao estranxeiro que dan a coñecer a comunidade westie galega a nivel mundial. Se queres máis información sobre os obxectivos e actividades, podes descargar este dossier en formato PDF.

Contacto

Se queres aprender WCS en Galicia, consulta esta guía de academias e docentes.

Se sodes un grupo e queredes organizar un obradoiro de iniciación na vosa localidade, escribídenos.

Podes comunicarte connosco a través de DM (Instagram), Messenger (Facebook) e Correo electrónico: