Queres aprender WCS?
Academias de baile e docentes que imparten West Coast Swing en Galicia:
- Inquedanza en Vilagarcía de Arousa. Niveis: iniciación, intermedio e avanzado. Con Fran Vidal e Joni Martínez.
- Lokobaile en Santiago de Compostela. Iniciación, con Fran Vidal.
- SalsaNova en Betanzos. Iniciación, con Leti Tasende.
- Son Swing en Coruña. Iniciación, con Ricardo Fernández.
- (Local por determinar) en Pontevedra. Iniciación, con Joni Martínez.
Obradoiros da asociación WCSGalicia:
Dinamizamos sesións de iniciación en institutos de ensino secundario, centros socioculturais, espazos xoves, etc.
Os importes son destinados exclusivamente a custear os gastos de desprazamento e a financiar o evento Arousa Westie Fest.
Se sodes un grupo e queredes organizar unha actividade de iniciación na vosa localidade, escribídenos: [email protected]